INFOGRAFÍAS
A infografía é unha representación máis visual que os propios textos; na que interveñen descricións, narracións ou interpretacións, presentadas de maneira gráfica normalmente figurativa.
A infografía naceu como un medio de transmitiR información gráficamente.
Os mapas, gráficos, viñetas, etc. son infogramas; é dicir, partes da infografía, coa que se presenta unha información completa aínda que poida ser complementaria ou de síntese.
O termo tamén se popularizou para referirse a todas aquelas imaxes xeradas por computadora .
1. Defina o tema da infografía.
O primeiro que se debe determinar é o tema da infografía. Algúns temas posibles son:
- Resumo dun documento.
- A explicación dun concepto
- A explicación dunha tecnoloxía
- Datos estatísticos
- Debemos buscar que o tema sexa interesante e de actualidade para facilitar apropagación da infografía cando estea realizada.
4. Deseñe a infografía.
No deseño debes ter en conta:
- Estilo único: Unha infografía debe ter un estilo único, débese evitar copiar conceptos gráficos.
- Integración: Unha infografía é unha integración e conexión de elementos gráficos, débese evitar que teña moito texto.
- Cor: O manexo da cor é moi importante nunha infografía, deben ser cores con bo contraste para que facilite a lectura. Unha ferramenta para facilitar a selección de cores pódea atopar en kuler.adobe. com.
- Fontes: Unha infografía debe ter un uso creativo das fontes e tamaños de letras. O sitio Dafont. com é unha boa alternativa para ter variedade de fontes.
- Iconos: Unha infografía debe conter imaxes simples ( íconos) para poder comunicar de maneira adecuada. O sitio Iconarchive. com ten moi bo material
Un sitio que recompila infografías en castelán é: Infografiasencastellano. com
5. Outros aspectos importantes. Algúns aspectos adicionais que se deben ter en conta son:
- Débense aclarar as fontes da información, as URL utilizadas e outros aspectos de propiedade intelectual.
- O tamaño da infografía debe ser tal que se poida ler cun ancho de 600 pixeles que é o dispoñible na maioría dos blogues.
USA:
VIDEO TUTORIAL




