lunes, 18 de febrero de 2019

ACTIVIDADE 14: INFOGRAFÍA

br />

INFOGRAFÍAS


A infografía é unha representación máis visual que os propios textos; na que interveñen descricións, narracións ou interpretacións, presentadas de maneira gráfica normalmente figurativa.

A infografía naceu como un medio de transmitiR información gráficamente.
Os mapas, gráficos, viñetas, etc. son infogramas; é dicir, partes da infografía, coa que se presenta unha información completa aínda que poida ser complementaria ou de síntese.
O termo tamén se popularizou para referirse a todas aquelas imaxes xeradas por computadora .
1. Defina o tema da infografía.
O primeiro que se debe determinar é o tema da infografía. Algúns temas posibles son:
  • Resumo dun documento.
  • A explicación dun concepto
  • A explicación dunha tecnoloxía
  • Datos estatísticos
  • Debemos buscar que o tema sexa interesante e de actualidade para facilitar apropagación da infografía cando estea realizada.
2. Recompilar a información necesaria. Podedes utilizar fontes de información primaria ou secundaria. Investigación primaria: A persoa crea a información, as enquisas na internet son as moi útiles ferramentas para cumprir esta obxectivo. Investigación secundaria: A persoa utiliza fontes existentes tales como: Google, Youtube, Facebook, Twitter, Wikipedia, blogues, xornais electrónicos, sitios especializados, etc. 3. Cree o primeiro borrador da súa infografía. Debe organizar a información recompilada e empezar a realizar bosquexos da súa infografía. Estes bosquexos pódense realizar a man ou con algún programa especializado no tema. Esta etapa é fundamental xa que será a que lle de creatividade e claridade á infografía.
4. Deseñe a infografía.
No deseño debes ter en conta:
  • Estilo único: Unha infografía debe ter un estilo único, débese evitar copiar conceptos gráficos.
  • Integración: Unha infografía é unha integración e conexión de elementos gráficos, débese evitar que teña moito texto.
  • Cor: O manexo da cor é moi importante nunha infografía, deben ser cores con bo contraste para que facilite a lectura. Unha ferramenta para facilitar a selección de cores pódea atopar en kuler.adobe. com.
  • Fontes: Unha infografía debe ter un uso creativo das fontes e tamaños de letras. O sitio Dafont. com é unha boa alternativa para ter variedade de fontes.
  • Iconos: Unha infografía debe conter imaxes simples ( íconos) para poder comunicar de maneira adecuada. O sitio Iconarchive. com ten moi bo material
Revisar infografías feitas por outros lle pode axudar a familiarizarse cos conceptos mencionados.
Un sitio que recompila infografías en castelán é: Infografiasencastellano. com


5. Outros aspectos importantes. Algúns aspectos adicionais que se deben ter en conta son: 
  •  Débense aclarar as fontes da información, as URL utilizadas e outros aspectos de propiedade intelectual. 
  • O tamaño da infografía debe ser tal que se poida ler cun ancho de 600 pixeles que é o dispoñible na maioría dos blogues.
USA:
VIDEO TUTORIAL



domingo, 10 de febrero de 2019

ACTIVIDADE 12: STORY BOARD. PRE ANIMACIÓN


Antes de pensar e escribir a historia que ides levar ao SCRACHT

Tedes que prepararvos cun Story Board. Todas as películas que vedes pasan antes por:

                             1. Guión
                             2. Story board . especie de cómic no que teñen que aparecer os planos, as personaxes e os diálogos.
                             3. Programación

Empeza facendo probas co Story Board, na páxina www. storyboard.that 

Fai unha captura de pantalla e pegaa aquí.




ACTIVIDADE 11: Seguimos con Scracht

Bos días.

As tarefas a realizar de Scracht nesta actividade 11 son:

                                              1. Xogo con puntos
                                              2. Animación

  Para entregar estas dúas actividades, tedes no aula virtual a posibilidade de entregar o link.


lunes, 7 de enero de 2019

ACTIVIDADE 10: Programación. Scracht

Aínda que xa comezamos a programar un pouco antes de Nadal.
Retomaremos a programación na AULA VIRTUAL, onde ides a seguir o curso de Scracht.
Os programas que realicedes podedes colgalos do blog e enviarme o enlace ao programa.

domingo, 9 de diciembre de 2018

ACTIVIDADE 9: Para completar a actividade do formulario. PADLET


O google DRIVE, permite facer unha análise de datos.

Cada vez que alguén responde ao voso cuestionario, drive realiza o traballo de análise de respostas.

Unha vez que teñades as respostas podedes colocalas no PADLET,
Realizade capturas de pantalla da análise das respostas obtidas e colocade no Padlet os resultados e o qué é máis importante colocade as conclusións do voso estudio.


padlet Aquí os dejo un video explicativo muy sencillo de su funcionamiento. Un padlet sencillo, feito en 1 minuto:
Made with Padlet

lunes, 5 de noviembre de 2018

ACTIVIDADE 8: FORMULARIOS GOOGLE

   

 Para realizar un cuestionario en GOOGLE DRIVE, simplemente tedes que pulsar sobre o botón "CREAR" e elexir a opción "formulario"

1. Creade un cuestionario sobre a arquitectura dos ordenadores. É dicir:
                 - Preguntas sobre Portos
                 . Placa base
                 - Preguntas sobre memoria RAM (qué é , velocidade, capacidade)
                 - Preguntas sobre o microprocesador (núcleos, velocidad, memoria caché)
                 - Disco duro
                 - Tarxetas de son, audio e de rede
                 - Monitor (resolución, tamaño...)
                 - Disco duro externo
                 - Memoria USB
                 - Web cam
                 - Podedes poñer tamén algunha pregunta sobre os usos dos ordenadores.
                 - Teléfonos móviles..

Procurade que teña preguntas de diferentes tipos (elexir dunha lista, elexir varias opcións, resposta con texto...), e que non sexa excesivamente largo (sobre 10).

Tedes disponible na páxina de axuda de Google como manual de consulta:

https://support.google.com/docs/answer/2839737?hl=es&ref_topic=6063584

2. Subide ao voso blog o cuestionario. Incrustádeo.
 Incluide antes unha pequena explicación sobre o contido do mesmo e que invite a cubrirlo.

3.- Enviade a enquisa aos vosos compañeiros e a min.




domingo, 4 de noviembre de 2018

MEDIO TRIMESTRE

Dedicade para mellorar todas as actividades e o blogue en xeral.

Lembrade as indicacións:
bo acabado visual sen defectos, letra legible, contido persoal e ameno, documentado con fontes de información, clasificado con etiquetas, atendendo as indicacións que vos fora facendo, con ortografía e gramática revisadas e bo uso dos signos de puntuación.

ACTIVIDADE 17: DESEÑO 3D. I

Bos días, Hoxe imos comenzar co deseño en 3D, e para elo imos utilizar un programa online chamado TINKERCAD. Aquí vos deixo un video tito...